Primeiro abdicou no seu fillo, o fillo no pai e o pai en Napoleón. Falámos de Carlos IV de España que, tal día como hoxe, 18 de outubro de 1808, chegou a Marsella, exiliado. Para o seu exilio Napoleón envioulle a un Palacio ao sur de Francia, en Marsella, con 200 criados ao seu servizo e unha pequena leira para dedicarse ao seu deporte favorito, a caza, tal como cóntanos Nieves Concostrina.
19 oct 2010
18 oct 2010
Quevedo e a Raiña Isabel
Quevedo, reunido cos seus amigos e en ton desafiante, apostou unha importante cantidade de diñeiro a que era capaz de dicirlle á raíña Isabel (esposa de Felipe IV) que era coxa.
Co diñeiro no peto o escritor esperou a oportunidade de gañar a súa aposta ante todos aqueles que pensaban que non ousaría a dicirlle á súa raíña tal cousa. E a oportunidade vaiselle presentar en forma de invitación. Quevedo recibiu unha invitación para asistir a unha recepción en palacio. Era a súa oportunidade de levar a cabo a súa aposta.
E a palacio foi coas súas mellores lentes e con dúas flores, unha en cada man, unha rosa e un caravel. Ao chegar á altura da raíña Isabel, entregoulle as flores decindolle:
- “Entre el clavel y la rosa, Su Majestad es-coja”.
11 oct 2010
Os Reis
Unha historia contada con humor e rigor
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
