Quevedo, reunido cos seus amigos e en ton desafiante, apostou unha importante cantidade de diñeiro a que era capaz de dicirlle á raíña Isabel (esposa de Felipe IV) que era coxa.
Co diñeiro no peto o escritor esperou a oportunidade de gañar a súa aposta ante todos aqueles que pensaban que non ousaría a dicirlle á súa raíña tal cousa. E a oportunidade vaiselle presentar en forma de invitación. Quevedo recibiu unha invitación para asistir a unha recepción en palacio. Era a súa oportunidade de levar a cabo a súa aposta.
E a palacio foi coas súas mellores lentes e con dúas flores, unha en cada man, unha rosa e un caravel. Ao chegar á altura da raíña Isabel, entregoulle as flores decindolle:
- “Entre el clavel y la rosa, Su Majestad es-coja”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario